Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto reparto material

A POLICÍA LOCAL ENCÁRGASE DO SEU REPARTO

Material para os negocios

28/05/2020

A Concellaría de Comercio presentou hoxe o material informativo que reparte entre os negocios locais coas medidas de hixiene e protección que deben ter en conta tanto eles como a súa clientela para loitar contra o Covid-19.

O edil Pablo Vizoso declarou que "desde o Concello de Ribadeo seguimos informando aos establecementos comerciais e ás actividades do municipio das medidas máis importantes e máis efectivas para vencer ao coronavirus".

O concelleiro de Comercio e Turismo explicou que "se trata nesta ocasión duns carteis informativos, co lema Estamos co comercio local, para que todos, comerciantes, hostaleiros, clientes e usuarios, sigan tendo presentes todas estas medidas como son o uso das mascarillas, o distanciamento de dous metros, respectar o aforo, evitar tocar os produtos e, probablemente o máis importante, a hixiene de mans. Por este motivo hoxe entregóuselle á Policía Local este material gráfico para que proceda ao seu reparto nos establecementos de Ribadeo".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo