Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto hospital asilo

FREIRE RANCAÑO DESTACA O TRABALLO REALIZADO

Test negativos

25/04/2020

Usuarios, usuarias, traballadores e traballadoras do Hospital Asilo e do Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo deron negativo nos test do Covid-19 realizados estes días. A concelleira de Servizos Sociais subliñou que se trata dunha gran nova e anunciou que as tarefas de desinfección nesas instalacións seguirán mentres dure o estado de alarma.

Mónica Freire explicou que "vimos de coñecer que os test realizados nestes pasados días tanto aos usuarios como aos traballadores e traballadoras do Hospital Asilo e do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo deron todos negativo, co que nos alegramos de poder anunciar que ningunha destas persoas vinculadas a estas dúas instalacións están infectadas polo Covid-19".

A edil de Servizos Sociais recoñeceu "o esforzo que se está a facer tanto por parte da Deputación Provincial de Lugo como polo propio Concello de Ribadeo nas labores de prevención e desinfección das instalacións, tanto na súa parte interna como externa e que se seguirán facendo mentres dure esta situación de alarma".

A concelleira ribadense dixo que "esta é unha gran nova que tamén nos reafirma no bo traballo que se está a facer, primeiro por parte dos centros e das súas direccións, e segundo tamén pola parte de xestión municipal que nos toca".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo