Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

OS PORTAVOCES REUNÍRONSE HOXE

Plan E-2010

27/11/2009

A xunta de portavoces acordou destinar o 20% do Fondo Estatal para o emprego e a sostibilidade local en 2010 a gasto corrente, e o resto a investimentos en diferentes obras tanto na vila como nas parroquias de Ribadeo. Ese reparto farase, igual que este ano, á metade.

Fernando Suárez dixo que "cun ambiente sumamente constructivo levamos adiante esta xunta de portavoces para estudiar o gasto que temos que facer do Fondo Estatal para o emprego e a sostibilidade local para o ano 2010, e desde logo os portavoces estivemos á altura das circunstancias. Acordamos entre todos que o 20%, a contía máxima que o Estado ofrece, se poida destinar a gasto corrente en materia de educación, de atención ás persoas en situación de dependencia e tamén aos derivados das prestacións de servizos sociais, promoción e reinserción social. Ao mesmo tempo acordamos, igual que o ano anterior, tentar dividir a metade desta inversión restante entre a vila e o campo. Despois dunha serie de propostas de todos os grupos, nas que prácticamente uns podemos asumir as dos outros porque todas son necesarias e a pena é que só teñamos os cartos que temos e que non teñemos moito máis para levalas todas elas adiante". 

O alcalde relatou que "todos entendemos prioritarias unha serie de obras e agora serán os técnicos os que as teñan que valorar, dado que quizáis nin todas estas poidan entrar. A idea que temos é facer un saneamento do polígono industrial, é dicir a extensión de dito saneamento ata a conexión co colector que vai á nova depuradora de Vilaselán, que era algo que todavía estaba pendente; vaise intentar colocar un ascensor na Casa Consistorial; e logo tamén no Hospital Asilo imos instalar un grupo electróxeno. Xa nas parroquias haberá unha extensión do saneamento do barrio da Igrexa na parroquia de Piñeira ata o colector principal; colocaranse depuradoras en Porto de Abaixo e máis en Vilela; instalaranse marquesiñas para o transporte nas parroquias e tamén se acondicionarán as áreas recreativas de Vilaosende e Vilaselán. Finalmente na parte urbana da vila de Ribadeo arranxarase a oficina de turismo vella; haberá un proxecto de aforro enerxético do alumeado público das rúas da travesía; faranse uns arranxos no campo de fútbol que contemplan a instalación de paneis solares para auga quente e haberá melloras nos alumeados, nos baños e nos vestiarios e tamén haberá unha serie de arranxos no parque de San Francisco".

Suárez Barcia entende que "quizáis todo esto sexa demasiado e teñamos que recortar proxectos. Senón fose así, entre os diferentes grupos pactaríamos unha serie de novas obras e actuacións para o noso Concello co cargo a estes fondos estatais que se aplicarán no ano 2010".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo