Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Endometriose

O REPARTO DE FOLLETOS TERÁ QUE AGARDAR

Endometriose

13/03/2020

A Concellaría de Igualdade ten previsto realizar unha campaña de sensibilización sobre a endometriose, coincidindo coa celebración do día mundial desta enfermidade, que se celebrar mañá, 14 de marzo.

Segundo explican desde Igualdade e desde o CIM: "esta campaña, en colaboración coa Asociación Galega de Mulleres afectadas pola Endometriose querENDO, tiña previsto comezar o vindeiro luns cun reparto de dípticos informativos polos centros e os servizos da vila, pero adiarase ese reparto presencial ata que se recupere o funcionamento ordinario dos servizos. Pero aínda así gustaríanos non deixar que pase o día sen a visibilización que lle corresponde".

E engaden que "esta Concellaría tamén ten programado un espectáculo en clave de humor sobre a endometriose, a cargo de Soledad Felloza, que leva por nome As mans arriba pola endometriose, que se levará a cabo en dúas sesións, unha para os centros educativos e outra aberta a todo o público. Esta programación levarase a cabo en canto a situación o permita e estea totalmente garantida a seguridade para a saúde da cidadanía".

A endometriose é unha doenza que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil e tárdase de media oito anos en diagnosticala. É unha doenza, crónica, inflamatoria e por veces invalidante, na que o tecido endometrial medra anormalmente fora do seu lugar habitual. O síntoma máis habitual é a dor incapacitante coa regra, pero tamén ás veces dor ao orinar, defecar ou ao manter relación sexuais.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo