Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto dispensadores

TAMÉN HAI DOSIFICADORES NO CONCELLO OU NA EMMeD

Prevención fronte ao coronavirus

11/03/2020

O Concello ven de instalar carteis informativos sobre hixiene de mans e respiratoria no Centro de Atención a Persoas Maiores e no Hospital Asilo, seguindo as indicacións do Ministerio de Sanidade. Ademais foron colocados nas zonas de recepción e salas de espera dispensadores con solución hidroalcólica, segundo deu a coñecer a concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire.

A edil explicou que "o Concello, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, ven de instalar nos dous centros residenciais municipais: o centro de atención a persoas maiores e o hospital-asilo, carteis informativos sobre a hixiene de mans e a hixiene respiratoria. Igualmente se dispuxo para que nas zonas de recepción e salas de espera, fosen instalados dispensadores con solución hidroalcólica e paneis informativos de cómo usalo".

Mónica Freire subliñou que "tamén se están a extremar as medidas para a inscrición no libro de rexistro dos visitantes a estes centros, os que tamén ineludiblemente han de hixienizar as mans coa solución hidroalcólica, previo acceso aos centros en cuestión".

A concelleira de Servizos Sociais engadiu que "co mesmo ánimo de prevención instaláronse dosificadores no Concello, na Escola de Música e no centro de servizos sociais do auditorio municipal".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo