Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto obras en Porcillan

O PRAZO DE EXECUCIÓN É DE OITO MESES

Obras en Porcillán

27/11/2009

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito das obras que Portos está a realizar en Porcillán e anuncia que a zona quedará cortada ao tráfico, durante dúas semanas, a partires do vindeiro luns 30 de novembro.

Suárez Barcia sinalou que "estánse levando adiante unhas obras moi importantes para a fachada marítima, para o borde portuario de Ribadeo que realiza Portos de Galicia e nas que inviste un millón de euros. O prazo de execución é de 8 meses. Síntome satisfeito por esta inversión e un pouco responsable de que fora adiante dado que esta actuación, hai máis ou menos un ano, estaba paralizada con vocación de que por parte da Comisión de Patrimonio se tirara abaixo por unha serie de inconvenientes. Me alegro de que todas as xestións que no seu momento tiven que facer diante desa comisión para lograr que o proxecto fora informado favorablemente foran ben, agora vemos o resultado e dentro de pouco veremos como vai quedar toda esa zona". 

O rexedor anunciou que "a partires do luns e aproximadamente durante dúas semanas ese tramo de vía pública vai quedar cortado ao tráfico rodado porque se vai levantar toda a calzada, polo que onte mesmo estivemos coa Policía Local e a empresa adxudicataria e coincidimos en que o máis recomendable para acelerar os traballos era cortar o tráfico, aproveitando que agora non hai tantos turistas nin tanto tráfico, e así se poidan facer con comodidade esas obras. Supoño que será un incordio para os veciños que circulan por esa zona de xeito habitual, pero como sempre decimos para facer tortilla hai que romper ovos".

Fernando Suárez engadiu que "ao mesmo tamén aproveitando estas obras vanse facer unha serie de melloras de cara á conexión do saneamento coas actividades portuarias e de restauración que non estaban contempladas no proxecto, pero desde Portos foron sensibles a esta demanda do Concello así como tamén a situación dun aliviadeiro que ten Ribadeo desde hai uns 40 anos e é moi probable que sexa resolto dunha vez por todas".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo