Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

A ACTIVIDADE É GRATUÍTA

Tarde de xogos o 16 de febreiro

13/02/2020

Remata o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que foi organizado polo Concello de Ribadeo e impartido pola Escola de Tempo Libre Bulideira. E o domingo, 16 de febreiro, haberá unha sesión de xogos, obradoiros e baile para nenxs a partir de 4 anos na pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño.

Desde a Concellaría de Mocidade sinalan: "e qué mellor xeito de finalizar a súa formación e empezar a celebrar o Entroido que facendo  unha sesión  de xogos , obradoiros  e baile para os nenos e nenas a partir de 4 anos". Será o vindeiro domingo, 16 de febreiro, de 16:30 a 18:30 horas no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño. 

Desde Mocidade animan a acudir a esta cita: "ven a pasar a tarde do 16 de febreiro con nós. Podedes pór os vosos disfraces". A actividade é gratuíta.

O Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre desenvolveuse desde o pasado mes de novembro en Ribadeo e no mesmo participaron 21 persoas.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo