Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Maxia Igualdade

ORGANIZAN A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E O CIM

Maxia pola Igualdade

13/02/2020

Mañá, venres, ás 11:00 horas o alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, asistirán ao teatro para ver un espectáculo de maxia titulado "Maxia pola Igualdade", a cargo da ilusionista Fani Triana.

Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade "o espectáculo xirará en torno aos efectos que a maxia da igualdade creará en diferentes ámbitos da vida dunha muller, a da protagonista da historia. Producirase a maxia da igualdade na equiparación salarial, as tarefas do fogar, e en moito máis…".

Esta actividade está organizada pola Concellaría de Igualdade en colaboración co CIM.
 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo