Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Aula CeMIT

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA ESTE VENRES, 17 DE XANEIRO

Emprendemento

13/01/2020

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza tres obradoiros gratuítos durante este mes de xaneiro, incluídos no programa Crear Futuro de Red.es, cofinanciado polo Fondo Social Europeo 2014-2020, con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación. Trátase dun programa de formación e mellora de competencias no ámbito da transformación e da economía dixital para profesionais deste país.

O primeiro obradoiro será sobre Ecosistema emprendedor e celebrarase o día 21 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas. Entre os seus obxectivos figuran: coñecer aos diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudar na creación e desenvolvemento dunha empresa, traballar e practicar as diferentes técnicas de ideación e solución de problemas que achega o Desing Thinking, e identificar as distintas fórmulas de financiamento de proxectos e ideas dispoñibles tanto novas como coñecidas.

O segundo obradoiro levará por título Proposta de Valor e Modelo de Negocio e terá lugar o día 22 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas. Pretende dar a coñecer a analizar os diferentes modelos de negocio e dominar a xeración de ingresos e xestión de custos. Ademais identificará as ferramentas e habilidades a ter en conta cando se traballa con socios e practicará con algunhas metodoloxías de xestión de proxectos que están a transformar as empresas nos últimos anos.

O terceiro obradoiro xirará en torno a Como conseguir os primeiros clientes e celebrarase o día 23 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas. Os seus obxectivos son: conseguir clientes que permanezan fieis á marca utilizando estratexias de fidelización eficaces, comprender o rol do cliente nunha contorna dixital e valorar as técnicas para poñer en marcha unha estratexia de márketing dixital, e comprender a importancia da medición de resultados e da optimización das acción online como un proceso continuo de mellora mediante o deseño dunha campaña de captación de clientes.

O prazo para inscribirse nestas actividades remata este venres, 17 de xaneiro, e pode facerse on line no módulo ou módulos correspondentes. As prazas son limitadas e toda a información figura na web do CeMIT Ribadeo. Ao finalizar a formación poderá obterse un certificado que será enviado a aquelas persoas participantes que superen con éxito a avaliación final. 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo