Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto obras en Deputacion

REMATARON HAI UNS DÍAS

Obras na rúa Deputación

03/01/2020

O Concello de Ribadeo rematou as obras realizadas na rúa Deputación durante as últimas semanas e nas que investiu 5.100 euros. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, salienta que se trata dun vieiro moi empregado por vehículos e peóns, e que agora dá gusto transitar por el.

O rexedor declarou que "nestes días deron remate unhas pequenas obras, que se fixeron desde o Concello, na rúa Deputación. Quizais non moi grandes polo seu importe, pero si moi importantes porque había diversos treitos desa rúa que estaban bastante deterioradas o cal ocasionaba un perigo e unha molestia, xa que é unha rúa moi concorrida por moitos viandantes, moitos turismos e outros vehículos".

Suárez Barcia engadiu que "tivemos que ter esta rúa pechada durante un tempo considerable, precisamente nesta época de Nadal. Pero agora, xa aberta por fin e rematada, dá gusto pasear por ela con total normalidade e tranquilidade".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo