Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto aspiradora

O INVESTIMENTO REALIZADO ACHEGOUSE AOS 4.000 EUROS

Máquina aspiradora

06/12/2019

O servizo de limpeza viaria do Concello de Ribadeo conta cunha nova máquina, trátase dunha aspiradora e trituradora de folla.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou que "se trata dunha máquina de fácil manexo, é moi lixeira e conta cun cepillo auxiliar. Permítenos aspirar as follas, que durante esta época do ano caen das árbores e quedan nas rúas, nas prazas e outros espazos públicos e tamén procede ao seu triturado. Iso quere dicir que rende máis o traballo, porque non hai que baleirar tantas veces como coas varredoras habituais os seus depósitos de almacenaxe".

Díaz Freije amósase satisfeito con esta nova adquisición que se incorpora ao parque de maquinaria do servizo de limpeza viaria de Ribadeo.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo