Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

FERNANDO SUÁREZ VAINA CONVOCAR EN BREVE

Xunta local de seguridade

28/10/2009

O rexedor convocará nos vindeiros días á xunta local de seguridade. Fernando Suárez comunicóullo hoxe ao subdelegado do Goberno.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de comunicarlle ao subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, que vai convocar nos vindeiros días á xunta local de seguridade. 

Desde a alcaldía cabe destacar que "se é sensible con todos estes roubos cometidos en Ribadeo nos últimos tempos, de aí que lle pidamos á Subdelegación do Goberno que intensifique os seus esforzos en Ribadeo, para o que contará coa colaboración das forzas municipais de seguridade".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo