Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Reverte

FORON VISITADAS POR BARCIA, MUNDIÑA E DÍAZ

Obras en Reverte

19/09/2019

O Concello remata estes días os traballos de aglomerado da pista de Reverte (Vilar). O investimento realizado, procedente de fondos propios, ascendeu a 40.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que se trata dunha mellora moi demanda dun viario que une a avenida Ría de Ribadeo coa estrada do monte.

O rexedor explicou que "aproveitando este bo tempo estamos aglomerando unha pista de Reverte (Vilar), de ámbito urbano de Ribadeo, viario que comunica a Avenida da Ría de Ribadeo coa estrada do monte, que dá servizo a moitos veciños e que estaba nunhas condicións lamentables desde hai moitos anos. De aí que nestas últimas semanas estivéramos traballando activamente e agora estase rematando xa esta obra, que incluíu o ancheado da pista, a colocación de tubaxes novas, etcétera. No día de hoxe están aglomerando e queda a pintura".

Suárez Barcia subliñou que "é unha actuación moi importante e moi demandada tamén, que supuxo un investimento de 40.000 euros de fondos municipais. E esperamos que quede resolto este problema que había aquí durante moitos anos, xa que a calidade desta empresa que está facendo a obra é moi boa. Polo tanto confiamos en que estes traballos sexan de agrado para os veciños e veciñas deste barrio de Vilar".

Os traballos foron supervisados hoxe polos concelleiros de Medio Rural e Medio Ambiente, Jesús Mundiña e Jorge Díaz, e polo alcalde, Fernando Suárez.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo