Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto escolas deportivas

DARÁN COMEZO ENTRE O 16 DE SETEMBRO E O 15 DE OUTUBRO

Escolas Deportivas

11/09/2019

Do 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.

As modalidades deportivas que se impartirán son atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2015. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 2 de outubro, "tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo". 

A inscrición terá que realizarse na Casa da Xuventude, sita na rúa Antonio Otero, 15, de luns a venres en horarios de 9 a 14 horas e os martes e os xoves tamén pola tarde de 16 a 19 horas. As persoas interesadas en obter máis información poden solicitala a través do seguinte número de teléfono: 982 129 889, no correo deportes@ribadeo.org ou na páxina de facebook de Deportes Ribadeo.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo