Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto ilustradora

XA ESTÁN Á VENDA AS ENTRADAS PARA VER A EL BRUJO O DÍA 29

Axenda cultural

10/09/2019

A axenda cultural de Ribadeo para estes días inclúe unha exposición da ilustradora local Mónica Justo, que dará comezo o venres, 13 de setembro, e un espectáculo para os máis pequenos o domingo 15.

Este venres, 13 de setembro, inaugúrase unha exposición da ilustradora ribadense Mónica Justo. A mostra permanecerá aberta na antiga Oficina de Turismo, no parque San Francisco, ata o vindeiro día 23 deste mes. O horario de visitas será de 19:00 a 21:00 horas de luns a venres; de 12:30 a 14:00 horas e de 19:30 a 21:30 horas, os sábados; e de 12:30 a 14:00 horas, os domingos.

Ademais, dentro do proxecto Apego o grupo Musicreques presentará O Quebranoces para bebés. Trátase dunha proposta de conto musical que levan a cabo dúas profesoras do conservatorio. Ten unha duración de vintecinco minutos, está dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos e terá lugar o vindeiro domingo, 15 de setembro, ás 17:30 horas no Teatro. O prezo da entrada é de 3 euros.

Desde a Concellaría de Cultura tamén lembran que están á venda as entradas para o espectáculo Autobiografía de un Yogui que Rafael Álvarez El Brujo presentará en Ribadeo o 29 de setembro. Será no auditorio municipal, ás 20:00 horas. A venda anticipada está dispoñible https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/240_auditorio-municipal-de-ribadeo. O prezo é de 15 euros. As entradas tamén poderán adquirirse o mesmo día da función na billeteira do auditorio, que estará aberta ás 18:30 horas.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo