ORGANIZAN O CIM, A EMMeD E A ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA
O luns, 12 de agosto, ás 20:30 horas no claustro da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo terá lugar a presentación do libro Mi vida es un poema, escrito por Marta Prieto, profesora de Educación Infantil especializada en Pedagoxía Terapéutica. Persoa ligada á loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, loita que leva a cabo no seu ámbito profesional e persoal.
Mi vida es un poema é un recompilatorio de poesías encamiñadas a explicar a pais, nais, educadores, amizades... á sociedade en xeral, as peculiaridades das persoas con trastornos do neurodesenvolvemento desde unha perspectiva divertida, sinxela e a veces máxica, tentando desmitificar e desdramatizar o diferente para mostrar a cara máis entrañable e tenra da discapacidade.
O acto está organizado polo Centro de Información ás Mulleres e a Escola Municipal de Música e Danza coa colaboración da Asociación Familiar de Amas de Casa de Ribadeo.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo