Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

XeoRiba

A DOS PREGUES EMPEZA MAÑÁ E A OS OLLOS O LUNS

Xeorutas en agosto

07/08/2019

Neste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural. Serán de balde e con prazas limitadas, polo que é preciso anotarse.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que "estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689".

O edil nacionalista contou que "se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense". 

Pablo Vizoso engadiu que "haberá dúas Xeorutas. A dos Pregues, onde se descubrirá unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, o gran pregue que se estende dende a Ría de Foz a de Ribadeo. Esta terá lugar os xoves 8 e 22 de agosto e mércores 14 de agosto. O punto de encontro será na área recreativa da Areosa (Piñeira). E a segunda Xeoruta é a dos Ollos, para saborear os tesouros xeolóxicos e gastronómicos do treito litoral do fermoso pobo mariñeiro de Rinlo. Esta desenvolverase os luns 12, 19 e 26 de agosto. O punto de encontro neste caso será a praza de Santa Catarina en Rinlo".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo