Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

A MAIORÍA DOS EFECITVOS DE RIBADEO VAN PARA AS CATEDRAIS

Escrito enviado á Xunta

14/06/2019

O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle un escrito ao delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sobre a problemática derivada da contratación de socorristas para as praias durante o verán.

Ao rexedor parécelle inxutificable que se lles pretenda imputar aos Concellos a responsabilidade de organizar a formación dos socorristas, máis cando é unha necesidade global de todo o país. Suárez Barcia alude de novo ao caso de Asturias, onde é moito máis fácil poder contratar a estes profesionais e subliña que Ribadeo chega aos tres meses de contratación, cando o resto dos Concellos da contorna so o fan por dous meses.

Para o alcalde "no caso concreto de Ribadeo, máis que unha axuda, a contribución da Xunta de Galicia á hora de establecer este tipo de servizo debería ser unha obriga, pois todos os anos destinamos a metade do persoal contratado á praia das Catedrais, cuxa xestión é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, descoidando areais como Esteiro ou Os Bloques, cunha afluencia relevante de veciños e veciñas do noso municipio".  

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo