Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Torneo

16 EQUIPOS PREBENXAMIN E 33 BENXAMÍN

Novo torneo da SD Ribadeo

13/06/2019

Un total de 49 equipos participarán os días 15 e 16 de xuño no XVI Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías Prebenxamín e Benxamín, que se disputará nos campos do estadio municipal Pepe Barrera e do Ceip Gregorio Sanz. Chegan a Ribadeo procedentes de comunidades como Castela-León, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.

Dezaseis son os equipos que disputarán o torneo prebenxamín e 33 os que participarán no torneo benxamín. O domingo haberá concursos de penaltis, porteiros, afeccións e tiros de medio campo, ademais dun partido de exhibición miniprebenxamín. 

O torneo foi presentado no estadio Pepe Barrera polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo técnico municipal de Deportes, Iván López, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e por Miguel Fuente, que é coordinador e adestrador da SD.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo