Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Ribadeo de Tapeo

21 PERSOAS RESULTARON PREMIADAS NESTA CITA GASTRONÓMICA

Entregados os premios do Tapeo

05/06/2019

O salón de plenos acolleu esta tarde a entrega de premios aos gañadores do Ribadeo de Tapeo 2019.

Os encargados de entregalos foron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, que agradeceron a participación dos máis de 40 establecementos que se deron cita nesta edición, así coma aos milleiros de persoas que acudiron a saborear as propostas deste concurso gastronómico. 

O primeiro premio do xurado profesional foi para El Oviedo, o segundo correspondeulle a O Piano e o terceiro recaeu no Marinero. O premio á tapa de Ribadeo foi para Texturas Galegas. Os premiados polo público foron A Mirandilla, como a mellor tapa, e o bar Queimada, como a mellor barra. Houbo unha mención especial pola mellor valoración na app móbil para O Alén. 

Tamén recibiron os seus premios os 21 afortunados e afortunadas que realizaron o tapeo nalgunha das catro zonas nas que foron divididos Ribadeo e as súas parroquias, selaron as súas tarxetas no número requirido pola organización e as depositaron nas furnas instaladas nos locais participantes neste concurso gastronómico. Así coma aos que fixeron as Rutas Tapeo 16 e Tapeo Express. Desde o Concello destacaron e agradeceron a colaboración dos locais que agasallaron con ceas, botellas de viño e outros obsequios a estas 21 persoas.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo