Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto viaxe Asturias

A CLAUSURA OFICIAL DA PROGRAMACIÓN SERÁ O 9 DE XUÑO

De viaxe por Asturias

18/05/2019

Oitenta persoas das 120 que participaron nas Tardes de Lecer, no Tai Chi e na Ximnasia, actividades organizadas polo Concello de Ribadeo, gozaron dunha viaxe a Asturias.

Alí visitaron o Museo da Sidra en Nava, xantaron fabada asturiana e cachopo en El Berrón e acudiron ao Museo Mineiro de El Entrego.

Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural do Concello, agradece "a todo o mundo que fixo posible estas actividades, Luisa, Begoña, Cris, Dani e Luis e... a todos e todas vosoutros/as que desfrutástedes da intriga de non saber a onde iamos. Graciñas por deixarvos sorprender".

As Tardes de Lecer remataron este 15 de maio, o Tai Chi concluirá o 31 de maio e a ximnasia de espalda tamén rematará o 30 de maio. A clausura oficial de todas estas actividades será o 9 de xuño.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo