Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto concurso fotos

AS BASES PODEN CONSULTARSE EN INTERNET

O Camiño no visor

14/05/2019

O vindeiro luns, 20 de maio, remata o prazo de presentación de traballos ao Concurso Fotográfico "O Camiño no visor", organizado polo Obradoiro de Emprego Ribadeo co Camiño.

Poden participar todas as persoas maiores de idade que presenten unha fotografía representativa do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo.

O 1º premio é unha noite para 2 persoas no parador Nacional e Ribadeo e o 2º premio é unha cea para 2 persoas no Hotel Restaurante Javier Montero.

As bases completas do concurso poden consultarse en ribadeococaminooe.blogspot.com

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo