Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Sagrado Corazon

O OBXECTIVO É POÑER EN VALOR O CAMIÑO NORTE EN RIBADEO

Visita á Nosa Señora das Virtudes

29/04/2019

Ao longo deste 29 de abril o obradoiro Ribadeo co Camiño organizou unha saída cos alumnos e alumnas do CPR Sagrado Corazón, de Ribadeo, ata a capela da Nosa Señora das Virtudes na Ponte de Arante. Ao rematar, os preto de 80 alumnos e alumnas acompañados das súas profesoras, recibiron a visita do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, quen subliñou a importancia de coñecer o patrimonio material e inmaterial existente no concello ao seu paso polo camiño de Santiago.

Esta actividade enmárcase, xunto coa mellora de espazos que están a levar a cabo os alumnos e alumnas da especialidade de xardinería, nas accións que o obradoiro desenvolve co obxectivo de mellorar e poñer en valor o Camiño Norte ao seu paso por Ribadeo.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo