Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Camino

NAS ÁREAS RECREATIVAS DO CARME E DE O CAMPÍN

Traballos de "Ribadeo co Camiño"

27/04/2019

Alumnado do obradoiro de emprego "Ribadeo co Camiño" realiza tarefas de limpeza, mantemento e mellora e un plan de control da avespa velutina no treito da ruta ao seu paso por este concello.

Os alumnos e alumnas da especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes do obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño están a realizar tarefas de limpeza, mantemento e mellora de elementos vexetais e non vexetais e un plan de control da avespa velutina no tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo concello. 

Os espazos onde se están levando a cabo estes traballos son o entorno do albergue da Pena (Covelas), a area recreativa do Carme (Vilela), a area recreativa de O Campín (Ove) e o espazo da contorna da Fonte do Valín (Ove).

Estes traballos de acondicionamento realízanse co obxectivo de mellorar a infraestrutura turística do Concello de Ribadeo e coa intención de que o tramo do camiño de Santiago que atravesa o municipio estea nas mellores condicións posibles para recibir aos peregrinos que durante estes meses transiten por esta ruta.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo