Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

É TRAMITADO POLO SERVIZO DE RECADACIÓN DA DEPUTACIÓN

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

15/04/2019

O período voluntario de pago do imposto sobre vehículos de tracción mecánica está aberto en Ribadeo desde hoxe, 15 de abril, e ata o 17 de xuño. Nun Bando asinado polo alcalde, Fernando Suárez, sinálase que pode ser abonado en efectivo nas oficinas de A Banca, La Caixa, Banco Sabadell ou BBVA, en días laborables, de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas, presentando o documento de ingreso que, a tal efecto, se remite ao domicilio dos contribuíntes.

Aquelas persoas que, por calquera circunstancia, non reciban ou extravíen o documento de ingreso mencionado, poderán solicitar un novo na entidade bancaria e realizar, igualmente, o pagamento.

Documentación

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo