Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Fragmentos Memoria

A ACTIVIDADE TIVO LUGAR NAS ÚLTIMAS HORAS

Fragmentos da memoria

13/02/2019

Alumnado de 2º de BAC do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo ven de participar na actividade "Fragmentos da memoria", un dos programas de visitas escolares deseñado polo Obradoiro de emprego DOC-TIC II, patrocinado polo Concello de Ribadeo. Xunto a eles estivo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

Esta actividade cultural foi posible polos traballos de organización, descrición e dixitalización que realizan os participantes  no obradoiro para facilitar a preservación da documentación que se custodia no arquivo municipal e facilitar a súa consulta e difusión. 

Esta edición dos obradoiros de emprego conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014- 2020.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo