Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto charla

PRESENTARÁ O LIBRO "LO ÚNICO INCURABLE SON LAS GANAS DE VIVIR"

Charla de Desireé Vila

13/02/2019

A deportista paralímpica Desireé Vila ofrecerá unha charla coloquio en Ribadeo. Será este venres, 15 de febreiro, no salón de actos da Casa do Mar a partir das 20:00 horas. Está organizada polo Concello e conta coa colaboración do Club de Hockey Isla Pancha.

Desireé Vila é autora do libro titulado "Lo único incurable son las ganas de vivir". Esta deportista viguesa practicaba ximnasia acrobática e por unha neglixencia médica perdeu unha perna. Na actualidade continúa coa práctica deportiva como atleta paralímpica.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo