Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

NO IES DE RIBADEO SERÁN EN ABRIL

Prevención do VIH-Sida

11/02/2019

O vindeiro, 19 de febreiro, os/as profesionais da asociación Aseduc comezarán coas actividades sobre prevención do VIH-SIDA e educación sexual no CIFP Porta da Auga. Será co alumnado de 1º de Formación Profesional Básica e consistirá en 4 sesións que se inician o 19 deste mes e continúan o 26 de febreiro e 12 e 26 de marzo.

Outro dos centros educativos onde intervirá Aseduc é o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Neste caso será co alumnado de 3º de ESO. As datas nas que se traballará cos rapaces e rapazas deste instituto serán os días 1,8 e 29 do vindeiro mes de abril.

Segundo explican desde a Concellería de Servizos Sociosanitarios "nestes obradoiros levaranse a cabo diferentes talleres de educación afectivo sexual. Estes talleres teñen como obxectivo formar, informar e previr o VIH-SIDA, outras ITS, embarazos non desexados, etc. Ademais, a través deles foméntanse actitudes de normalización da sexualidade e da igualdade e respecto mutuo entre as persoas, erradicando os estereotipos existentes cara a persoas con diversas prácticas e orientacións sexuais, e promovendo a reflexión e análise crítico sobre as ideas, actitudes e comportamentos relacionados coas relacións humanas".

En total participarán nesta actividade, que organiza o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos do Concello ribadeo, 84 alumnas e alumnos.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo