Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

SOL E MOITA XENTE NESTE EVENTO ONTE DOMINGO

Éxito da feira da horta

28/09/2009

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fai unha valoración positiva da VII Feira de Productos da Horta que se desenvolveu onte domingo na vila. Repartíronse 600 racións que foron degustadas polos asistentes a este evento.

O rexedor dixo que "foi un día magnífico, soleado, que permitiu achegar a Ribadeo a moitísima xente, a pesares de que xa non estamos na época estival, que veu a mercar, a ver, a probar e a degustar os productos da nosa terra que trouxeron os expositores e productores. Éste foi o peche de campaña do mercado dos domingos que no verán ten carácter semanal e que a partires de agora se celebrará o segundo domingo de cada mes". Suárez Barcia lembrou que evento estivo organizado "por a asociación A Sucadoira, a Fundación Mariña Oriental, o Leader, o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo, a través do Inludes e da súa vicepresidenta Lara Méndez á que lle estamos moi agradecidos pola colaboración económica que éste ano non nos facilitou a Xunta de Galicia". O alcalde destacou que "se repartiron 600 racións que foron degustadas por todos os asistentes. Eran racións elaboradas con productos cedidos polos expositores, entre as que había fabas, tortilla, arroz vexetal… que fixeron as delicias de todos os que alí se achegaron".

O rexedor refeíruse ao pequeno incidente "co que desde logo non quero tinguir a esplendorosa feira de productos de horta de onte, o traballo desenvolvido pola asociación A Sucadoira. Producíuse un pequeño detalle dunha persoa que noutras edicións deste evento montou posto, que non é membro de A Sucadoira e que despois de que a organización decidirá que non podía acudir por non ser solidario, por adebedar algúns conceptos da edición do ano pasado. Todos os productores dan unha parte dos seus productos para facer as degustacións gratuitas, él non o fixo o ano pasado e a asociación A Sucadoira pedíalle que reintegrara o equivalente en diñeiro, a cantidade correspondente á aportación dos productos que os productores cedan, pedíanlle que o aportara e senón era así non lle permitían montar e finalmente acabou sendo así".

Fernando Suárez amosou a súa sorpresa "despois de terse presentado no mercado o concelleiro Ramón López, nunha actitude que eu podería calificar de certamente presuntuosa e como si fose o xuiz nun pleito, pero sin ter idea, sin pedir opinión á asociación de productores, só lle preguntou a esa persoa disgustada coa organización e se puxo alí a dar instruccións do que se debe ou non se debe facer. O Sr.Ramón López, como todo concelleiro, ten dereito a nos órganos que así o establecen como o pleno, etc… a facer preguntas do que estime, pero él, con todos os respetos, non é ninguén para plantarse nun evento, que ademáis está patrocinado por xente que lle cadra moi cerca desde o punto de vista político, dando instruccións sin saber nada do que alí pasou nin este ano nin os anteriores. Eu creo que, cando menos, lle debería ter preguntado á asociación de productores A Sucadoira para coñecer a realidade e para saber do forte disgusto que teñen por este pequeno incidente".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo