Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto obras Couxela

NOS VINDEIROS DÍAS SEGUIRÁN NOUTRAS PARROQUIAS

Obras en Vilaousende e Couxela

07/02/2019

O Concello realiza obras de mellora dos accesos a Santalla de Vilaousende e a Couxela. Estes traballos son financiados ao 100% polo Concello e a Deputación. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que estas actuacións foron consensuadas coas asociacións veciñais e que nos vindeiros días seguirán máis traballos noutras parroquias do interior e da costa.

O rexedor explicou que "seguimos traballando desde o goberno municipal con moita intensidade, neste caso nas nosas parroquias da vila tanto da costa como do interior. Nestes días estamos efectuando unha serie de traballos de mellora de accesos a núcleos a través destas novas fórmulas de aglomerado asfáltico, que tan bo resultado dan ao longo de moitos anos pola súa durabilidade e pola súa comodidade de tránsito de vehículos".

Fernando Suárez contou que "estamos actuando en Santalla de Vilaousende e na parroquia de Couxela. Nesta última nos accesos á igrexa e ao cemiterio dentro dunha explanada importante que queremos deixar tamén acondicionada, para aparcamento de vehículos para as celebracións relixiosas ou doutro tipo. Logo tamén no acceso a Santalla nunha serie de camiños que estaban nunha situación lamentable, onde había moitos veciños e usuarios que se queixaban desde hai moito tempo, e a través do diálogo coas asociacións de veciños fómolas incorporando nas prioridades para ir actuando". 

O alcalde ribadense subliñou que "estes traballos son financiados a través dun programa entre a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. Entre as dúas administracións sufragamos o cen por cento desta inversión que está, nun caso, adxudicada a Deymet, unha empresa de Navia chamada Desarrollos y Metas, e outra a Cazás, unha empresa de Burela".

Suárez Barcia engadiu: "confiamos na boa execución destes traballos que tamén van levar un pintado de sinalización das beiras, para maior seguridade do tráfico. É algo no que seguiremos traballando, nos próximos tempos, nas parroquias do concello".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo