Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Towanda

A CONFERENCIA XIRARÁ SOBRE A VIOLENCIA SEXUAL

Towanda Rebels en Ribadeo

04/02/2019

As Towanda Rebels estarán mañá, martes, en Ribadeo pronunciando unha charla dirixida ao alumnado dos centros educativos. Será ás 12 do mediodía no Teatro.

As Towanda Rebels son Teresa Lozano e Zúa Méndez que contan cunha canle de youtube https://www.youtube.com/channel/UCr4l0skM9D5RcY4Cwd2V-MA "Méndez e Lozano estaban fartas dun mundo no que se tiña que estar caladas, onde estaba prohibido dicir o que pensaban. Este traballo é o resultado da súa propia revolución feminista, da súa loita contra os imperativos impostos ás mulleres, como a da beleza tiránica. Contra o silencio esixido, levantaron as súas voces. Estas actrices comezaron a subir vídeos sobre o feminismo, un deles fixérono en apoio da moza abusada sexualmente por cinco homes nos San Fermíns de 2016", explican desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM. 

E engaden que "son as creadoras do vídeo #HolaPutero contra os consumidores da prostitución, escribiron unha acusación feminista na que critican os piares do patriarcado como o mito do amor romántico, a diferenza salarial, o teito de vidro, a cultura de violación, prostitución, entre outros. Veñen de publicar o seu primeiro libro #HolaGuerrera (Editorial Aguilar), no que explican por que é necesaria a revolución feminista".

A Concellaría de  Igualdade, que dirixe Mariluz Álvarez Lastra, aproveitando a súa xira por Galicia contactou con elas para que pararan en Ribadeo e se dirixiran a xente moza.  Así este martes, 5 de febreiro, disertarán no Teatro, ás 12:00 da  mañá nunha charla dirixida ao alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo e ao alumnado de 1º de primeiro de  ciclos medios do Centro Integrado de Formación Profesional do Porta da Auga. A conferencia xirará sobre a violencia sexual.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo