Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Anzas

BARCIA AGRADECE A COLABORACIÓN DA INSTITUCIÓN PROVINCIAL

Obras na Devesa e nas Anzas

31/01/2019

O Concello está a realizar obras de aglomerado na Devesa e nas Anzas. Están financiadas polo Concello e pola Deputación de Lugo, a través do Plan Único, e supoñen un investimento de 116.000 euros.

O alcalde, Fernando Suárez, declarou que "máis aló do Ribadeo Indiano e do éxito de difusión internacional que tivemos en Fitur, e máis aló das ondas da Illa Pancha onde Ribadeo volveu onte ser centro e espectáculo maxestuoso de atención mundial, nós aquí, desde o Concello, temos que seguir traballando no día a día para mellorar a calidade de vida dos nosos paisanos e das nosas paisanas. Para isto continuamos estes días con diversas obras nas parroquias do noso concello, tanto nas do interior como nas da costa. Son obras de mellora dos accesos aos núcleos de poboación".

O rexedor explicou que "neste caso estamos a executar o acceso ás Anzas que se atopaba moi deteriorado, e estámolo aglomerando botando zahorra polas beiras e pintando tamén. É a empresa Cazás, de Burela, a adxudicataria destas obras que se entenden como unha primeira fase. Terá que haber unha posterior onde se interne no núcleo urbano das Anzas".

Suárez Barcia engadiu que "a outra parroquia na que estamos actuando, neste caso costeira, é a da Devesa onde estamos a facer o acceso e aglomerado asfáltico desde a estrada xeral ata a subida a Noceda, pasando por debaixo do viaduto da autovía e resolvendo o cruce coa estrada do monte, á altura da igrexa da Devesa, onde tamén aproveitamos para aglomerar os aparcadoiros. Neste caso a adxudicataria destas obras é a empresa Desarrollos y Metas, de Navia".

O alcalde subliñou que "en total a inversión supón uns 116.000 euros que se financian co Plan Único entre a Deputación e o Concello de Ribadeo. Eu quero polo tanto agradecer e valorar a axuda desta institución que sempre está ás duras e ás maduras cos veciños deste concello. Nos próximos días seguiremos traballando, se as condicións climatolóxicas o permiten, para dar melloras aos accesos a estes núcleos e a outros núcleos que faltan".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo