Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

MAÑÁ VOLVEN AS CLASES DE APOIO A NENXS DE PRIMARIA

Agradecemento

07/01/2019

A Concellaría de Servizos Sociosanitarios agradece a colaboración e a implicación da sociedade ribadense para que a campaña de recollida de xoguetes, que se realizou hai unhas semanas, fose un éxito. Foron moitas as persoas que fixeron doazóns a este departamento para que ningún cativo e cativa de Ribadeo quedase sen agasallos este Nadal, tanto en Papá Noel, como en Reis.

A edil Sonia Meilán dixo que "para min é un orgullo ver a solidariedade do noso concello nestas datas para que todas as nenas e nenos se ilusionen e reciban os seus agasallos de Nadal. Foron todos moi bos porque os Reis e Papá Noel entregaron moitos xoguetes en Ribadeo nos últimos días, segundo nos contaron".

Mañá, 8 de xaneiro, toca volver ao colexio tras as vacacións das pasadas festas de Nadal. A concelleira de Servizos Sociosanitarios explicou que "coa volta ao cole volven tamén as clases de apoio que ofrecemos desde o Concello a alumnas e alumnos de primaria. Desenvólvense na Casa de Cultura polas tardes dous días á semana". Sonia Meilán agradeceu "a colaboración das voluntarias e voluntarios, xa que grazas ao seu traballo e ao seu tempo podemos ofertar esta actividade durante o curso escolar".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo