Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto proxecto arbore

AS PERSOAS INTERESADAS PODEN COLABORAR

Árbore de Nadal especial

12/12/2018

O programa Aquí?... coma de 20!!! está a preparar unha árbore de Nadal moi especial e pide axuda. Ademais desde o departamento de Servizos Sociosanitarios informan que do 7 de xaneiro ao 31 de maior terá lugar nas parroquias unha nova edición da actividade denominada Envellecemento activo.

Desde a Área de Servizos Sociosanitarios explican: "en primeiro lugar compartir con todos e todas vos un proxecto común para o que precisamos axuda. Estamos a ganduxar para facer unha árbore de Nadal, o tempo corre e temos ata o 22 de decembro para telo listo. Todas aquelas persoas que estean interesadas en colaborar deixámosvos un contacto para toda a información que precisedes. Contactade con Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural do Concello de Ribadeo no teléfono 652984054".

Ademais este departamento municipal anuncia que o próximo 7 de xaneiro e ata o 31 de maio desenvolverase a actividade de Envellecemento activo nas parroquias  cos seguintes horarios e lugares de celebración:

Luns: Vilaselán
Lugar: Escola de Vilaselán

Horario: 17:30 A 18:45

Martes: Santalla
Lugar: Teleclub

Horario: 15:30 A 16:45

Xoves: Rinlo e Cinxe
Rinlo: Escola de Rinlo

Horario: 15:30 A 16:45

Cinxe: Escola de Cinxe

Horario: 17:00 A 18:15

Venres: Remourelle e Vilela
Remourelle: Escola de Remourelle

Horario: 15:30 A 16:45

Vilela: Escola da Pena

Horario: 17: 00 a 18:15

Esta actividade será impartida por Héctor Peña.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo