Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

O HORARIO SERÁ DE 11 A 14 HORAS E DE 16 A 20 HORAS

Rematan as xornadas de portas abertas

07/12/2018

Mañá e o domingo seguen as xornadas de portas abertas no Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo. Rematarán así tres fins de semana nas que todas as persoas que o desexaron puideron achegarse a visitar estas instalacións.

O horario de apertura ao público para mostrar a nova residencia de maiores será o sábado día 8 e o domingo día 9 de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, e a Corporación ribadense animan a toda a veciñanza, tanto de Ribadeo como da contorna, a que visiten estas instalacións.

O Concello de Ribadeo iniciou estas xornadas de portas abertas a fin de semana do 24 e 25 de novembro, e seguiu tamén os días 1 e 2 de decembro para que os veciños e veciñas tiveran oportunidade de coñecer este Centro de Atención a Persoas Maiores.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo