Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto recepcion Aleix

O DEPORTISTA RECIBIU COMO AGASALLO UNHA ESTATUIÑA

Recepción no Concello

06/12/2018

O salón de plenos acolleu a recepción que o Concello lle ofreceu a Aleix Díaz Salas, un atleta ribadense de 15 anos que ven de conseguir unha medalla de bronce coa selección galega de relevos no Campionato de España. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López. Aleix Díaz estivo arroupado pola súa familia.

O edil de Deportes dixo: "xa tíñamos ganas de ter aquí a Aleix, que o coñecemos de toda a vida e sabemos que a pesar de ter nada máis que 15 anos leva moito tempo practicando atletismo, conseguindo títulos en campionatos galegos, facendo marcas impresionantes e por fin agora chega esta medalla de bronce no 4x300 no Campionato de España por autonomías representando á selección galega. E estamos moi contentos por el e por Ribadeo, que é o nome que dalgunha forma levas por aí a onde vas".

David Rivas manifestou: "a min gustaríame destacar todo o traballo e sacrificio que é necesario facer para entrar no combinado galego e para subir a un podio. É un traballo enorme físico e mental en cada adestramento, en cada competición, que terás que estar ao 200 por 100 porque entendo que nesta disciplina unha décima de segundo súbete ao podio ou déixate fóra del. E ademais dese esforzo físico e mental moitas veces nestes deportes, que non son de masas, tamén é un importante esforzo económico para conseguir desprazarte para adestramentos e para competicións. Sabemos que é moi difícil e somos conscientes do mérito que tes".

Pola súa banda o alcalde, Fernando Suárez, declarou: "aquí ves desde o punto de vista deportivo, que é moi importante, pero non deixes de lado os estudos, porque isto no fondo é unha proxección enorme, que te forma como persoa e nun estado físico perfecto, pero mira que tes a formación académica aí e no estudos tes que esforzarte igual que no atletismo".

Aleix Díaz agradeceu a celebración do acto no que recibiu unha estatuíña en recoñecemento á medalla conseguida recentemente.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo