Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto visita mercado

ESTES DÍAS HABERÁ MÚSICA, OBRADOIROS E VISITAS GUIADAS

Chegou o Nadal

06/12/2018

Hoxe deu comezo o XV Mercado do Nadal en Ribadeo e tamén tivo lugar o acendido da iluminación destas festas. Centos de persoas encheron as rúa da vila durante este 6 de decembro.

O alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Desenvolvemento Local e Servizos Sociosanitarios, Ana Martínez e Sonia Meilán, visitaron esta tarde o XV Mercado do Nadal que abriu as súas portas no parque de San Francisco hoxe, 6 de decembro.

Son 26 os postos instalados nos que se poden atopar, entre outras cousas, cerámica, coiro, alimentación ou cervexa artesanal. O horario de apertura ata o vindeiro domingo é de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.

Paralelamente haberá moitas actividades como concertos, obradoiros para os máis pequenos e pequenas e visitas guiadas pola heráldica ribadense, pola ruta dos comerciantes ou polo patrimonio relixioso.

Tamén hoxe tivo lugar o acendido do alumeado de Nadal nas rúas da vila. 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo