Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

SERÁ REALIZADA POLA EMPRESA ASCAN

Recollida de cartón comercial

05/12/2018

O vindeiro martes, 11 de decembro, quedará restablecido o servizo de recollida porta a porta de cartón comercial, segundo informa a Concellaría de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos. 

Desde este departamento explican que "o servizo seguirase prestando como antes, os martes e os xoves de 17 a 19 horas. O teléfono de contacto é 661 210 100, pertence á empresa Ascan, que é encargada da recollida do cartón, dos residuos dos contedores amarelos e do punto limpo".
 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo