Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

HABERÁ UN POSTO INFORMATIVO NA RÚA RODRÍGUEZ MURIAS

Loita contra o VIH-SIDA

29/11/2018

O Concello, a través da súa Delegación de Servizos Sociosanitarios, organiza unha xornada informativa que terá lugar este sábado, 1 de decembro, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Loita contra o VIH-SIDA.

A actividade, incluída no programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos, consistirá na instalación dun stand informativo na zona peonil de Ribadeo, na rúa Rodríguez Murias, en horario de 11:00 a 13:00 horas.

A concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, sinala que "todas aquelas persoas que queiran poderán achegarse para recibir información ou simplemente recoller folletos e material profiláctico".

No stand estarán tres profesionais da asociación ASEDUC de A Coruña: a educadora social, Sandra Miraz Ramos, a educadora social e pedagoga, Viviana Varela Novo, e a alumna en prácticas de integración social Sabela Mariñas Martínez.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo