Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Casa do Concello

BARCIA DIXO: "PARA QUE LUZA COMO SEMPRE DEBEU ESTAR"

Obras na Casa do Concello

29/11/2018

O Concello acometerá obras de mellora na Casa Consistorial. O investimento ascende a 60.000 euros e os traballos consistirán no pintado das fachadas e no arranxo da carpintería exterior, entre outras actuacións. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o vindeiro 13 de decembro.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, explicou que "se trata dunha obra importante tanto en estética como en funcionalidade. Moitas veces no Concello, como institución, estamos ordenando o amaño e a reparación de moitos inmobles no casco vello e o noso actualmente non está nunhas condicións axeitadas, no que ten que ver coa pintura, coa carpintería de exteriores, que está bastante deteriorada, con fisuras nos canalóns, filtracións e incluso algún cristal que non está en boas condicións".

O rexedor engadiu que "fixemos un proxecto global coa axuda da Deputación de Lugo, como sempre, outra vez máis nos bota unha man importante nesta actuación. Hai un proxecto por importe de 60.000 euros que está publicado xa na plataforma de contratos do Estado e máis no perfil do contratante da paxina web do Concello, para que todas aquelas empresas que cumpran os requisitos e que queiran participar nesta licitación o poidan facer. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 13 de decembro deste ano".

O alcalde detallou que "imos pintar o edificio enteiro, polas tres fachadas, volvendo ás tonalidades orixinais dentro da paleta de cores vixente autorizada pola Comisión de Patrimonio de Lugo. Tamén imos reparar os problemas de filtracións, mellorar a eficiencia enerxética, reparar a carpintería de exteriores e pintala, para que dentro de pouco tempo, a Casa do Concello, a casa do pobo, luza como sempre debeu estar".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo