Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto contedores

A SITUACIÓN ESTARÁ NORMALIZADA NUNHAS TRES SEMANAS

Envases lixeiros

27/11/2018

O concelleiro de Limpeza Viaria, Jorge Díaz Freije, anuncia que a empresa ASCAM será a encargada da recollida de cartón, dos envases lixeiros, do cartón porta a porta e do punto limpo. Esta semana comeza o traballo desta firma que se prolongará durante uns meses ata que saia de novo a concurso público este servizo. O edil ribadense agradece o comportamento da veciñanza durante estes meses, mentres non remataron os trámites de rescisión do contrato coa anterior adxudicataria do servizo, a empresa Soil Recovery.

Díaz Freije contou que "en breve imos formalizar cunha empresa o servizo, que está externalizado, do punto limpo, os envases lixeiros, o cartón e o cartón porta a porta. Como sabemos a empresa que prestaba este servizo, Soil Recovery, deu en quebra e houbo que rescindir ese contrato".

O edil nacionalista dixo que "houbo uns tempos legais que houbo que pasar e uns trámites que levar a cabo. Agora iso está xa finiquitado e imos a outra fase. A empresa ASCAM vai cubrir, durante uns meses, eses servizos ata que entre unha licitación nova que, esperemos que en cinco ou seis meses, salga outra vez a concurso público este contrato".

O concelleiro de Limpeza Viaria agradece "todo o bo comportamento que houbo ata o día de hoxe dos veciños e os comercios que se preocuparon e procuraron, coa súa labor de boa cidadanía, que estes meses se levara o mellor posible toda esta situación de emerxencia que houbo, e que fomos paliando da mellor maneira tanto dende o goberno local como os cidadás que fixeron a súa boa labor".

Jorge Díaz Freije subliñou que "o servizo se restablecerá nun período de tres semanas máis ou menos. Vai por bo camiño e vaise normalizar pronto. Quero dicir, como fago sempre, que a limpeza non é duns poucos, é de todos".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo