Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Gala Deporte

DEZASETE MODALIDADES DEPORTIVAS ESTIVERON PRESENTES

Gala do Deporte, onte

01/11/2018

Familiares e amigos acompañaron aos 275 deportistas ribadenses aos que onte o Concello lles rendeu homenaxe na V Gala do Deporte, que se celebrou no pavillón de deportes.

No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, que estiveron acompañados polos edís de Cultura, Servizos Sociosanitarios, Muller e Xuventude, Farruco Graña, Sonia Meilán, Mariluz Álvarez e Vanesa Yanes.

Dezasete modalidades deportivas estiveron presentes no evento. Todos os participantes recibiron un agasallo conmemorativo do Concello ribadense.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo