Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto carton

HOUBO QUE RECORRER A OUTRAS FIRMAS PARA PRESTAR O SERVIZO

Recollida do cartón

19/10/2018

O Concello realiza hoxe unha nova recollida de cartón nos 80 contedores que hai repartidos pola vila e polas parroquias. Segundo explica o concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije, "levamos nunha situación excepcional desde hai semanas, despois de que a empresa Soil Recovery deixara de prestar este servizo a principios do pasado mes de setembro. Estamos agardando a resolver definitivamente o contrato con esa empresa para tentar que todo volva á normalidade".

O edil lembrou que "esta firma era a encargada da recollida do lixo dos contedores amarelos, do cartón tanto dos contedores como porta a porta e tamén levaba o punto limpo".

Díaz Freije indicou que "o Concello tivo que contratar a outra firma para facer recollidas nos contedores amarelos de xeito excepcional e agora está a realizar o mesmo co cartón. Esta vai ser a segunda vez que temos que recollelo, desde que nos atopamos nesta situación, que agardamos reconducir o antes posible. A burocracia e os seus trámites deben seguir uns pasos e niso estamos no Concello de Ribadeo".

O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos agarda que "o antes posible Ribadeo poida ofrecer a mellor imaxe posible".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo