Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto escolas deportivas

NAS QUE HAI LÍMITE DE PRAZAS HABERÁ SORTEO O 2 DE OUTUBRO

Escolas deportivas de inverno

13/09/2018

A Concellaría de Deportes abrirá o prazo de matrícula nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno o vindeiro luns, 17 de setembro. As inscricións poden facerse ata o día 28 deste mes e a oferta desta tempada abrangue 13 modalidades deportivas. Son: fútbol, fútbol sala, patinaxe, natación, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, pádel, atletismo, tenis de mesa, hoquei liña, rugby e xadrez.

A cota por escola é de 60 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectiva na conta corrente do Concello, na entidade Caixa Rural, ata o 15 de outubro. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. 

Os participantes serán nenas/os nadas/os desde 2005 ata 2014, ambos incluídos. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 2 de outubro, tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo. No caso de baixa continuada ocuparía a praza o primeiro reserva.

As inscricións deben facerse na Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero, 15, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, e martes e xoves de 16:00 a 19:00 horas. 

A data de inicio das escolas será do 17 de setembro ao 15 de outubro e o remate da actividade irá do 15 de maio ao 15 de xuño.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 129 889, en deportes@ribadeo.org, e en www.facebook.com/deportesribadeo

As Escolas Deportivas Municipais de Inverno do Concello de Ribadeo contan coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e da OMIX.

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo