Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto tren Ribadeo

E APOSTA POR UN ENCONTRO REIVINDICATIVO ASTUR-GALAICO

Por un tren de calidade

05/08/2018

O alcalde, Fernando Suárez, acudiu este domingo a amosarlle o apoio de Ribadeo a un grupo de asturianos que viaxaron ata aquí no tren de Feve para reivindicar un servizo de calidade.

O rexedor contou que "no día da Gaita Galega en Ribadeo tamén tivemos tempo para recibir aos nosos amigos asturianos que se achegaron hoxe a Ribadeo no tren de Feve para reivindicar un servizo ferroviario de calidade propio do século XXI".

Suárez Barcia díxolles: "contades pois co noso apoio e incluso nun vindeiro futuro deberamos facer un encontro reivindicativo de Galicia e Asturias en Ribadeo".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo