Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto petanca

O CONCELLO HABILITARÁ UNHA ZONA XUNTO AO APARCAMENTO

Petanca en Ribadeo

03/08/2018

Acaba de crearse en Ribadeo un colectivo de afeccionados á petanca, deporte que practican no parque de San Francisco.

Esta iniciativa conta co apoio do Concello ribadense e o propio alcalde, Fernando Suárez, estivo hoxe xogando con eles e anunciou que "ao primeiro van seguir utilizando esta zona do parque e logo estudaremos outra posibilidade para habilitar como lugar para a práctica da petanca, concretamente xunto ao aparcamento público da Avenida de Galicia".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo