Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

BARCIA AGRADECE ESTES TRABALLOS

Obras en estradas do interior

03/08/2018

O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que hoxe deron comezo as obras en varias estradas titularidade da Deputación de Lugo. O rexedor dixo que suporán un investimento de 350.000 euros e a actuación en 12 quilómetros de viarios entre A Ponte e Arante, Cedofeita e Couxela e Porto e Santalla de Vilausende.

Fernando Suárez contou que "hoxe realmente é un moi bo día de obras para Ribadeo porque xunto con estas que se están iniciando na estrada Reme-Vilamar, cuxa titular é a Xunta de Galicia, tamén hoxe están comezando unhas obras moi ambiciosas, moi complexas e grandes que son as da Deputación Provincial de Lugo".

O alcalde explicou que "se trata do arranxo destes viarios da Deputación, singularmente os qe unen parroquias do interior do noso concello, concretamente a que vai desde A Ponte ata Arante, a que vai desde Cedofeita ata Couxela á estrada xeral 640, e a que vai desde a estación de Porto ata Santalla de Vilausende".

Suárez Barcia detallou que "son practicamente doce quilómetros en total que van ser arranxados en profundidade, con aglomerado asfáltico, e que veñen paliar esta deficiencia desde hai anos que levábamos pedindo".

O rexedor ribadense subliñou que "finalmente a Deputación, atendendo ás nosas peticións, se compromete con Ribadeo, algo que lle queremos agradecer publicamente. A esta obra vanse destinar máis de 350.000 euros de diñeiro público, e que ben o merecen todos estes veciños e veciñas destas parroquias do interior que usan habitualmente estas vías de comunicación, que non estaban en absoluto en bo estado de conservación, e agora, despois deste verán, esas obras, xunto coa de Reme-Vilamar, vanlle dar un cambio importante na comunicación a esta parte interior do concello de Ribadeo".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo