Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto pintado ruas

MOITOS, SEGUNDO BARCIA, ESTÁN BASTANTE DESGASTADOS

Pintado dos pasos de peóns

09/07/2018

O Concello comexou na mañá de hoxe os traballos de pintado dos pasos de peóns da vila. O alcalde, Fernando Suárez, pide desculpas polas molestias que se poidas ocasionar.

O rexedor contou que "logo deste fin de semana intensísimo co Ribadeo Indiano, con milleiros e milleiros de persoas por todos os recunchos da vila, agora segue a normalidade e a partir desta mesma mañá, e durante os seguintes días, aproveitando o bo tempo que se presume que vai vir, estamos repintando todos os pasos de peóns na vila".

Fernando Suárez dixo que "moitos deles están bastante desgastados e poden ofrecer un certo perigo para os viandantes e para os condutores tamén. A través dun contrato menor á mellor oferta, adxudicamos esta pequena actuación. Pequena pola importancia económica, pero de relevancia importante de cara á seguridade viaria, e á seguridade de todos os veciños e veciñas e de todos os visitantes que ao longo deste verán, e dos vindeiros meses, van andar por Ribadeo".

O alcalde pediu "desculpas e prudencia. Desculpas porque vai haber unha serie de atascos nalgúns momentos porque están pintando e moitas veces un carril queda anulado, e prudencia para que teñan coidado mentres as obras se levan adiante".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo