Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO

Construíndo o verán

05/07/2018

Arrincou hoxe, xoves, unha nova edición de Construíndo o verán, o programa de reforzo escolar que organiza a Concellaría de Servizos Sociosanitarios e que se leva a cabo nas instalacións do edificio da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo, "que nos cedeu unha aula", segundo explicou Sonia Meilán. 

A edil  ribadense contou que "un equipo de voluntarias encargaranse de prestar un reforzo escolar durante a estación estival a uns quince nenos e nenas de primaria".

Sonia Meilán aproveitou para agradecer "o traballo das voluntarias e animar a aquela xente que queira sumarse a colaborar con este proxecto a que o fagan, aínda están a tempo. Sen o traballo das voluntarios esta actividade non podería levarse adiante". 

Este reforzo escolar, que leva varios anos realizándose co impulso do Concello de Ribadeo, desenrolase dous días á semana. Será os martes e xoves de 10:00 a 11:30 horas durante os meses de xullo e agosto.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo