Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto rodaxe

OCORREU NAS RÚAS DE RIBADEO

Rodaxe dun video-clip

13/06/2018

Hoxe tivo lugar a gravación dun video-clip musical realizado por alumnado do CIFP Porta da Auga de Ribadeo e por El Farero Audiovisuales.

Segundo explica a responsable do programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos adictivos do Concello ribadense, Mónica Fernández Lamparte, "despois dun curso enteiro traballando o programa Non pasa nada, pasa algo? de prevención do consumo de cannabis, hoxe por fin, puidemos ir rematando o traballo realizado, coa realización dun video-clip musical que se rodou esta mañá polas rúas de Ribadeo". 

Fernández Lamparte tivo palabras de agradecemento para os implicados nesta rodaxe: "grazas a todas e todos os que colaboraron con nós, especialmente aos protagonistas, o alumnado de Educación Básica do CIFP Porta da Auga e alumnas e alumno do ciclo de Educación Infantil. E a David e Fari, de El Farero Audiovisuais". Está previsto que este traballo se presente ao público ao inicio do vindeiro curso 2018/2019.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo